Comeza un curso de hortofruticultura sustentable no concello do Rosal e outro de apicultura sustentable no concello de Forcarei

Publicado por o día 11/06/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

Comeza un curso de hortofruticultura sustentable no concello do Rosal e outro de apicultura sustentable no concello de Forcarei

A Deputación Provincial de Pontevedra informa do comezo dun curso de hortofruticultura sustentable no concello do Rosal e doutro de apicultura sustentable no concello de Forcarei.

Os cursos, presenciais e totalmente gratuítos, realizaranse no mes de xuño nas seguintes datas:

– Curso de Hortofruticultura Sustentable. Días 18, 19, 20, 21, 22, 25 e 26 en horario de mañá

– Curso de Apicultura Sustentable. Días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 en horario de tarde

Estas accións teñen unha duración de 30 horas, das cales 10 son prácticas. Van destinadas a persoas desempregadas e están encamiñadas a formar o alumnado en materia de hortofruticultura e produción apícola sustentable, sumando así valor engadido á actividade agroalimentaria e fomentando o emprego neste tipo de agricultura sustentable co medio.

Estas accións están enmarcadas dentro do proxecto “Depoverde“, cofinanciado polo programa “Empleaverde” do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Este programa é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo “Emprego, Formación e Educación 2014-2020”.