As illas Cíes é un dos emblemas da ría de Vigo e un gran reclamo turístico que cada tempada acolle a milleiros de persoas visitantes.
Desde o 19 de marzo de 2018 e coincidindo coa véspera das vacacións de Semana Santa, a Xunta de Galicia puxo a disposición das persoas usuarias unha plataforma dixital para a obtención dun certificado que autorice o acceso ás illas Cíes.
O proceso é similar ao xa utilizado para a praia das Catedrais, Lugo, co obxectivo de evitar a aglomeración de turistas, e favorecer a conservación destes espazos naturais. Neste caso redúcese a pasaxe de 2.200 a 2.000 persoas por día.
O procedemento é sinxelo, gratuíto e responsive (apto para dispositivos móbiles) e a través del obtense un documento persoal e intransferible cun código QR que se terá que presentar para embarcar ás illas.
En cinco pasos podemos obter dita licenza:
- Acceder á web Autorización Illas Atlánticas da Xunta e elixir o paquete dispoñible que se desexa reservar. Neste caso, o único dispoñible é o de Semana Santa, incluíndo os días desde o 23 de marzo ao 1 de abril.
- Elixir os días desexados, indicar o número de prazas a reservar, aceptar a política de privacidade e as condicións e darlle ao botón “Continuar”.
O propio panel indicaranos se se pode viaxar durante esas datas e se existen prazas dispoñibles./p>
No caso de que existisen máis paquetes, por exemplo, correspondentes aos meses da tempada estival, hai que ter en conta que só se pode obter a autorización cun límite máximo de 45 días de antelación.
En canto ao número de autorizacións, nunha mesma reserva pódense obter ata un máximo de 25 prazas.
O documento de condicións de asistencia, de lectura rápida, tamén ofrece unha serie de suxestións para a visita así como outros datos de contacto coa organización das Illas Atlánticas.
- Encher os datos persoais da persoa que realiza a reserva.
- No caso de que se reservase en nome de máis persoas, a seguinte opción “Datos dos visitantes”, permitirá introducir ao resto de persoas acompañantes.
A mesma ventá realiza un resumo da pasaxe no caso de que se introduciu algún dato por erro.
Hai que ter en conta que unha vez chegados a esta cuarta ventá, dispoñemos de trinta minutos para finalizar a acción.
É un proceso gratuíto, no que non se realiza ningún tipo de pago. As persoas pasaxeiras deberán obter o billete de embarque posteriormente
- Unha vez todo está correcto, podemos dar a “Finalizar”. A seguinte ventá indicaranos o localizador, a opción de descargar e/ou imprimir a autorización co seu correspondente código QR, e recibiremos o mesmo documento vía e-mail.
Recoméndase imprimilo ou descargalo para evitar problemas de conexión, e ademais, deberá ir acompañado do documento de identidade correspondente.
É un proceso gratuíto, no que non se realiza ningún tipo de pago. Con todo advírtese de que para acceder á illa hai que obter os billetes nalgunha das navieiras, e que a autorización emitida por si soa non garante a existencia de prazas. A recomendación é realizar a compra de billetes co suficiente tempo de antelación.
Ademais dos portais dixitais que ofreza cada navieira, os principais portos que adoitan realizar traxectos a estas illas son os de Vigo, Cangas e Baiona.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.