O Concello de Bueu convocou hoxe o Concurso de Carteis do Entroido, no que poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos cun máximo de tres obras orixinais e inéditas. O deseño gañador será o seleccionado para o cartel da programación do Entroido de Bueu nesta edición.
As bases, que se poden consultar na web municipal www.concellodebueu.org, foron aprobadas hoxe por resolución da alcaldía e establece que o prazo de entrega de orixinais remata o 2 de febreiro ás 14.00 horas. Establecerase un único premio cun importe de 300 €, e para a valoración do xurado teranse en conta criterios como a calidade técnica e artística, o impacto visual, a creatividade e a orixinalidade.
As persoas que desexen participar poden empregar a técnica artística que consideren máis axeitada, tales como a pintura, a ilustración, a fotografía… Os traballos entregaranse ou persoalmente ou por correo postal no Rexistro Xeral do Concello.
O ano pasado a gañadora foi a pontevedresa pontevedresa Isabel Núñez Montero, quen presentou un deseño con moito dinamismo da imaxe, o humor e sobre todo a composición e a forza visual que expresaba plenamente o espírito do Entroido bueués.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.