O Concello impulsa o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM), dirixido a 85 veciñas menores de 30 anos e sen cualificación profesional, de cara a súa volta ao mercado de traballo ou a súa inserción laboral

Publicado por o día 14/01/2018 na sección de Galicia,O Porriño

O Concello impulsa o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM), dirixido a 85 veciñas menores de 30 anos e sen cualificación profesional, de cara a súa volta ao mercado de traballo ou a súa inserción laboral

Concello do Porriño porá en marcha o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM) nos vindeiros meses. Este programa, co-financiado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño“vai dirixido a un total de 85 mulleres, especialmente mulleres novas, menores de 30 anos e sen cualificación profesional”, como sinala a concelleira de Emprego e Igualdade, Soledad Girón.

O PIEM, engade a concelleira, ten como obxectivo afrontar o desemprego no Porriño “e, máis concretamente, combater a profunda fenda que afecta ás mulleres”. Para atallar esta situación,  levaranse adiante accións de orientación laboral e accións formativas, con prácticas en empresas, que permitirán mellorar as competencias profesionais e as posibilidades de inserción das usuarias no mercado laboral.

Para a participación no PIEM, as interesadas deberán poñerse en contacto coas oficinas da Concellería de Formación e Emprego  no Multicentro de Torneiros.