O Concello de Silleda licita as obras da segunda fase do campo de fútbol da Gandareira, cun orzamento de máis de 880.000 euros

O BOP de Pontevedra publica hoxe o anuncio logo da aprobación no pleno de xaneiro dos pregos de contratación. A segunda fase inclue a dotación das gradas, vestiarios e a mellora do entorno entre outros, completando a dotación de herba sintética. As ofertas poden presentarse ata o vindeiro 17 de marzo.
📣 Publicado por el 19/02/2018 en la sección de Galicia

O Concello de Silleda licita as obras da segunda fase do campo de fútbol da Gandareira, cun orzamento de máis de 880.000 euros

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe o anuncio de licitación das obras da segunda fase do Campo de Fútbol da Gandareira, na Bandeira, logo de que os plegos de contratación dos traballos se aprobaran no pleno ordinario do 25 de xaneiro.

As obras suporán unha inversión total de 882.671,16 euros , unha das máis destacadas desta lexislatura, a través da subvención da Deputación de Pontevedra, no marco das axudas para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do reequilibrio territorial dos servizos en municipios de menos de 20.000 habitantes. Neste caso a subvención corresponde ao 80% da contía total da obra, á que se suma a aportación municipal.

Segundo recolle o anuncio as empresas que concorran ao concurso aberto dispoñen de 26 días naturais contados a partir de mañá martes, co que o prazo remata o vindeiro 17 de marzo.  Os pregos e o proxecto poden consultarse tanto no perfil do contratante da web municipal (www.silleda.gal) coma na sede electrónica do Concello.

Esta segunda fase, unha vez que rematou a primeira coa dotación de herba sintética e outras melloras, inclue a finalización das gradas do campo de fútbol, que xa se comezou a remodelar a finais deste verán, a dotación de novos vestiarios, e a urbanización do entorno, continuando a senda da rúa Lourás e mellorando o vial ata o entronque coa  rúa da Estación, entre outros.

“Esta será unha das inversión máis destacadas desta lexislatura”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. As obras da primeira fase de remodelación integral, cunha inversión doutros 400.000 euros, quedaron listas a finais do pasado ano.

Esta dotación é unha das máis agardadas tendo en conta que o da Bandeira é o único dos 4 campos de fútbol de Silleda que aínda tiña terreo de xogo en terra.

Esta obra, centra as inversións deste ano en Silleda no ámbito das infraestruturas deportivas xunto coa renovación da manta de herba sintética do campo de Outeiriño en Silleda, estreada o pasado verán. Os traballos na Gandareira comezaron a finales de agosto do pasado ano, co derribo dos muros do campo.

Ademais da dotación de herba artificial, similar a do campo de Outeiriño-tamén se construirán novas gradas e aseos con esta reforma integral.

Os campos de fútbol de Silleda e da Bandeira súmanse ás obras realizadas polo Concello nos anos 2012 e 2013 nos campos de Lamela e Laro, respectivamente, coa dotación de terreos de xogo de herba natural. Nestes dous últimos continúanse a facer melloras tamén como a da colocación de colectores solares para contar con auga quente sanitaria.

“Dende o Concello de Silleda apostamos por mellorar os equipamentos deportivos con distintas obras de mellora ás que agora se suma a agardada e necesaria remodelación integral do campo da Gandareira”, engade o alcalde.