Luke Winslow-King visita por primeira vez Vigo o 8 de setembro acompañado por toda a sua banda (cinco músicos), formando parte do ciclo internacional “Mais Que Blues”. Moitos inda lembran aquela actuación no Azkena Rock Festival do 2015 onde quedamos prendidos deste magnífico músico que naceu na ciudade de Cadillac, o norte de Michigan. Con 19 anos foi vivir a New Orleans onde durante 15 anos estaría empapándose de toda esa gran cultura musical que rodea a capital do Mardi Gras, e é aquí onde Luke atopa o seu propio rumbo no mundo da música adoptando todos esos estilos que resoan en barrios como Tremé, onde bandas de Jazz, Blues, Bluegrass, Folk e as Brass Bands impregnan de música os 365 días do ano cada local e cada cruce de camiños.
Virá a Vigo para presentar as canción do seu último álbum “Blue Mesa”, un disco que publicou a través do sello discográfico de Chicago, Bloodshot Records e onde volve deixar reflexo do seu gran facer como escritor e compositor. Será todo un privilexio ter a Luke e a sua banda na nosa cidade, ademáis un dos músicos que estará o seu carón é o virtuoso guitarrista Roberto Luti.
Entradas anticipadas 10€ en www.ataquilla.com discos Elepé e Honky Tonk discos (Vigo).
Entrada Taquilla: 15€
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.