Conecta o GPS para facilitar a localización en caso que saias de sendeirismo

Publicado por o día 26/03/2018 na sección de Cultura,Turismo

Conecta o GPS para facilitar a localización en caso que saias de sendeirismo

Unha boa opción para disfrutar do bo tempo, pode ser a de practicar senderismo. Para os máis aventureiros, temos algúns consellos de vital importancia se algo vos acontece durante unha excursión ao campo ou á montaña. Consulta o tempo antes de emprender camiño. Leva roupa e calzando axeitados e nunca esquezas o teléfono móbil, con batería, claro! Así e todo, nunca estará de máis que prepares con tempo a ruta. Mete na mochila a guía, os mapas e incluso un compás. E lembra:

  • Vai sempre acompañado
  • Conecta no teu teléfono móbil o GPS, iso facilitará a túa localización aos servizos de emerxencias
  • Podes descargar a aplicación Alpify
  • Tamén vale o WhatsApp. Chama ao 1-1-2 e os operadores che darán indicacións para enviar polo chat a túa localización

Bo camiño. Ata a volta!