Continúa o ciclo de concertos de Carlos Quintá e a aula de acordeón diatónica da E – Trad inspirado en «Sonoro empeño»

Será mañá sábado 23 de novembro, ás 18.30 h, na propia Sala de exposicións da Sede Afundación de Vigo
Publicado por o día 22/11/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Continúa o ciclo de concertos de Carlos Quintá e a aula de acordeón diatónica da E – Trad inspirado en «Sonoro empeño»

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», exposto actualmente na Sede Afundación de Vigo, Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizaron unha extensa programación de actividades complementarias, co obxectivo de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

Mañá continuará o ciclo de intervencións musicais protagonizadas por Carlos Quintá e a aula de acordeón diatónico da prestixiosa Escola Municipal E-Trad. Durante os catro sábados do mes de novembro, o músico tomará unha obra de cada un dos catro apartados nos que se divide a exposición para inspirarse e interpretar unha peza musical, acompañado dos alumnos e alumnas da E-Trad. Serán intervencións interactivas e abertas á participación dos asistentes, que incluirán, ademais do recital, comentarios sobre as obras. Foron concibidas tanto para público familiar como xeral e a entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo.

A terceira intervención terá lugar mañá sábado 23 de novembro, ás 18.30 h, e estará baseada na obra Cencerrada de Laxeiro.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 piezas firmadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás Coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de amosar este vínculo, un tema que se repite ao longo da Historia da Arte e que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e o deu pé a novas formas creativas.

Son moitas as actividades que se realizarán no marco deste proxecto, organizadas para que os asistentes interactúen coa exposición e se evidencie a relación entre artes plásticas e música, e que van desde un obradoiro infantil de percusión para bebés, concertos de góspel ou un ciclo de cinema.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 4 de xaneiro na Sede Afundación de Vigo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Máis información nesta ligazón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.