Convocatoria premios científicos 2019

Publicado por o día 10/06/2019 na sección de Eventos

A Fundación do Ilustre Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra, en cumprimento dun dos seus obxectivos fundacionais, convoca os Premios aos Mellores Traballos Científicos (Artigos Orixinais e Comunicacións Orais ou Póster), realizados por médicos en formación especializada.
 
O obxectivo principal desta convocatoria é estimular, recoñecer e incentivar o traballo de investigación que realizan os médicos en período de formación para fomentar a súa aplicación práctica para mellorar a atención clínica dos pacientes.
 
Na presente convocatoria, admitiranse os Traballos Científicos presentados durante o período comprendido entre xuño de 2018 e maio de 2019.
 
A dotación total do certame para as diferentes categorías será de 9.000 € repartidos da seguinte maneira:

BASES

 
1. Poderán optar a estes Premios os Médicos en Formación Especializada MIR colexiados na provincia de Pontevedra que estean a realizar a Residencia ou a finalizaran no ano 2019.
 
2. Os participantes deberán estar ao corrente de pago das cotas colexiais.
 
3. Os traballos presentados deberán ser publicados nunha revista indexada, e os pósteres e comunicacións, presentados en congresos ou reunións acreditados, achegando resumo e certificado da súa efectiva presentación.
 
4. Para as publicacións, o médico en formación debe ser o primeiro asinante e nas comunicacións orais ou pósteres pode ser un dos tres primeiros asinantes.
 
5. Nos artigos valorarase difusión e o factor de impacto da revista, tipo de artigo orixinal, non se aceptarán Casos Clínicos.
 
6. Nas comunicacións (Oral ou Póster) valorarase, o ámbito do Congreso ou Reunión Científica, o tipo de comunicación, a metodoloxía empregada e o lugar de firma do MIR que, segundo as Bases, deberán estar entre os tres primeiros. Non se aceptarán Casos Clínicos.
 
7. Os aspirantes deberán enviar os seus traballos a través da aplicación telemática dispoñible na ligazón www.premios-cientificos-fcomp.es, cumprimentando o impreso de solicitude de participación facendo constar o apartado ao que se concursa (Artigo Orixinal, Comunicación Oral ou Póster), o ano de residencia e a data de publicación ou presentación do traballo. Os participantes só poderán presentar un traballo por cada categoría. A PRESENTACIÓN DE MÁIS DUN TRABALLO EN CADA CATEGORÍA SUPOÑERÁ O INCUMPRIMENTO DAS BASES E A súa DESCUALIFICACIÓN.
 
8. No caso dun traballo no que concorran na autoría varios residentes entre os tres primeiros autores só recibirá o premio aquel que figure en primeiro lugar.
 
9. Os traballos deberán ser presentados en formato electrónico (arquivo PDF/PDF, PNG, JPG máximo 5 MB).
 
10. A Fundación acusará recibo de cada unha das solicitudes de participación, sen determinar se se cumpren os requisitos esixidos nas bases, sendo responsabilidade dos participantes, asegurarse de que cumpriron todos e cada un dos requisitos esixidos.
 
11. A ausencia de calquera dato pode levar á descualificación do participante (a criterio do Xurado).
 
12. A concesión de cada un dos premios acreditarase cun Diploma.
 
13. Os Premios serán decididos polo Xurado por unanimidade ou, na súa falta, por maioría, de acordo coas Bases desta Convocatoria. En caso de empate na valoración de Artigos Orixinais, o Xurado poderá decidir o premio ex- aequo.
 
14. Os Premios poderán ser declarados desertos se a calidade dos traballos, a xuízo do Xurado, así o aconsellase.
 
15. O feito de presentar un traballo significa a aceptación por parte do autor de todas as Bases da Convocatoria.
 
16. Fundación Colexio Médico de Pontevedra poderán realizar a difusión dos premios concedidos a través dos medios e publicacións que considere máis adecuados, polo que a presentación dunha solicitude a esta Convocatoria implica a autorización por parte dos participantes á difusión dos seus datos e/ou imaxe.
 
17. O prazo de presentación dos Traballos finalizará ás 24:00 horas do día 22 de maio de 2019. Este prazo poderá ser ampliado, excepcionalmente, se as circunstancias, a xuízo da Fundación Colexio Médico de Pontevedra, así o aconsellasen.
 
18. O fallo do xurado comunicarase de forma individual, por teléfono e/ou por e-mail, a cada un dos agraciados e a entrega dos premios realizarase durante o Acto de Recepción de Novos Colexiados o día 10 de xuño de 2019 ás
19 horas no Salón de Actos da Sede Comarcal do Colexio de Médicos de Pontevedra en Vigo.
 
19. As decisións do Xurado serán, en todo caso, inapelables e secretas.
 
20. O Xurado cualificador estará composto por:
 
A Presidenta da Fundación Colexio Médico de Pontevedra.
 
O Secretario Xeral do Colexio Médico ou membro da Xunta Directiva do Colexio en quen delegue.
 
Vogais: os Representantes das Comisións de Docencia dos Complexos Hospitalarios, Atención Primaria e o Vocal Representante dos Médicos Licenciados no últimos cinco anos e/ou formación do Colexio Médico.
 
21. O incumprimento do previsto en calquera punto destas Bases, dará lugar á non aceptación do traballo, coa súa consecuente descualificación.