A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha “Deseucaliptización Simultánea” por toda Galiza. Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos durante a vindeira semana, con motivo do Día Internacional dos Bosques. Todas aquelas persoas ou entidades que teñan previsto realizar unha actividade de deseucaliptización ou eliminación de eucaliptos en calquera punto do país, poderán sumarse a esta iniciativa, enviando os datos que se requiren a continuación, antes do mércores, 20 de marzo.
O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal ou dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia aos respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques. Estes achegan á sociedade múltiples beneficios: mitigan o cambio climático, reteñen carbono, favorecen a provisión de auga, xean biodiversidade e paisaxe, son fundamentais para a conservación da natureza, ofrecen oportunidades para o desenvolvemento económico e son fundamentais para a vida.
O lema escollido este ano polas Nacións Unidas para celebrar o Día Mundial Forestal é “Aprende a amar o bosque”, mais consideramos que o primeiro será distinguir o que é un bosque do que non o é. Mentres que un “bosque” é un ecosistema natural complexo, dominado por especies arbóreas e a súa vexetación acompañante, no que habitan animais, fungos e microorganismos entre os que se establecen interrelacións perdurables no tempo; unha “plantación forestal” é un conxunto de árbores normalmente uniformes que se plantan unicamente polo seu interese comercial, e que adoita estar formado por especies alóctonas que non establecen interrelacións perdurables coas especies autóctonas. As plantacións de especies alóctonas (nomeadamente, as invasoras e dominantes) causan un forte impacto negativo sobre as especies forestais propias, o solo, os cauces fluviais, a biodiversidade e contribúen a favorecer os incendios forestais. É caso das superficies ocupadas co xénero Eucalytus, que a día de hoxe xa supera as 500.000 hectáreas, o que representa o 17% do total da superficie galega.
PARTICIPA NA DESEUCALIPTIZACIÓN SIMULTÁNEA DE GALIZA
A rede Cousa de Raíces convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a celebrar o vindeiro Día Mundial dos Bosques promovendo nas súas áreas de influencia iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras. Para favorecer o carácter simultáneo das accións, proponse que estas se leven a cabo no día propio da efeméride, o 21 de marzo, ou na fin de semana do 23 e 24 de marzo.
Todas aquelas persoas ou entidades que queiran promover a súa actividade de eliminación de eucaliptos ou doutras plantas invasoras a través da proposta de “Deseucaliptización Simultánea” de Cousa de Raíces, poderán facelo, enviando ao email de Cousa de Raíces (cousaderaices@adega.gal), antes do luns, 18 de marzo, os seguintes datos da acción de deseucaliptización ou eliminación de especies exóticas:
-Día e horario:
-Concello e parroquia:
-Nome do Monte:
-Localización (coordenadas en google maps):
-Colectivo/s que a promove/n:
-Téléfono de contacto para inscricións:
-Email de contacto para inscricións:
-Breve descrición de en que vai consistir a actividade:
-Outra información de interese:
OGO OU CARIMBO PARA MATERIAL DIVULGATIVO DA ACTIVIDADE
Así mesmo, aquelas persoas e colectivos que desexen sumar a súa acción de eliminación de eucaliptos ou doutras especies invasoras á “Deseucaliptización Simultánea” de Cousa de Raíces poderán insertar no material divulgativo da actividade o carimbo ou logo deseñado para a ocasión pola rede Cousa de Raíces, e que se poden descargar a continuación en varias cores:
LISTA PROVISIONAL DE ACCIÓNS DE DESEUCALIPTIZACIÓN
Na táboa de abaixo, indicamos algunhas das propostas que xa se sumaron á “Deseucaliptización Simultánea 2019” de Cousa de Raíces, e nas que xa te podes apuntar para participar, contactando coas entidades promotoras a través dos teléfonos e mails que se sinalan.
Tamén podes consultar estes datos premendo sobre as localizacións das accións que se sinalan no mapa preliminar da “Deseucaliptización Simultánea 2019”: https://drive.google.com/open?id=1MgSqHOhuNT-w2PDZvQDV_E-oKXDSE2nH&usp=sharing
Se o que queres é que a túa actividade de eliminación de eucaliptos ou doutras especies exóticas apareza neste mapa, só terás que enviar antes do 20 de marzo, os datos indicados anteriormente ao email: cousaderaices@adega.gal
Anímate a deseucaliptizar o país!!!
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.