O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para despregar redes de cando menos 100 megas en entidades de poboación do rural que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo. É a terceira medida do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que desenvolve a Xunta a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que foi aprobada no último Consello do Goberno galego.
Prazos e características da convocatoria
Os operadores de telecomunicación poderán presentar as súas solicitudes no prazo máximo dun mes dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.
Complementariedade entre administracións
Con esta medida a Administración autonómica actuará nos núcleos máis pequenos con fondos FEADER, mentres que o Estado focalizará os seus esforzos en cubrir as entidades de maior tamaño coas convocatorias que licite nos vindeiros anos no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA).
Redes de banda larga ultrarrápida
O despregamento e adopción de redes de banda larga ultrarrápidas no territorio galego permitirán acelerar o desenvolvemento de servizos dixitais avanzados e brindar novas oportunidades de negocio.
Plan de Banda Larga de Galicia 2020
O Plan de Banda Larga de Galicia 2020 foi aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, e asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100Mbps.
Para a consecución das metas fixadas no Plan xa se puxeron en marcha un conxunto de medidas que se levarán a cabo ata 2020:
- A Extensión de redes de 100Mbps ao 60% da poboación de Galicia. Coas actuacións en marcha tanto da Xunta como do Estado a previsión é acadar un mínimo do 74% da poboación con esta cobertura en 2020. Esta cobertura incrementarase con novas convocatorias do Estado nos próximos anos.
- O 55% dos polígonos con cobertura de redes de nova xeración. Actualmente grazas ao Plan 100 polígonos galegos contan con velocidades de 100 Mbps e ao remate de 2018 serán 130, o 77% do total
- Ademais o plan prevé a extensión de redes de 30Mbps ata o 96% da poboación e a porcentaxe restante con subvencións para a contratación de banda larga vía satélite naquelas zonas máis illadas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.