Este ano se cumpren 25 anos do falecemento de Xosé Bar Bóo, e dende o Ateneo Atlántico e coa colaboración da delegación do COAG-Vigo, queremos lembra-la obra do gran arquitecto vigués, facendo unha lectura inédita e novidosa do seu traballo. Será este Venres, día 8 de Novembro, na Sala de Conferencias da sede do Colexio de Arquitectos.
Invitamos como relatores a Jaime Blanco, arquitecto autor da recente tese doutoral “La Obra de Xosé Bar Boo: Objetividad y Dimensión colectiva” para que nos fale dos achados de esta investigación. Celestino Garcia Braña, profesor titular de Composición Arquitectónica e vice-presidente da Real Academia de Belas Artes de Galicia, axudará a entende-la figura de Pepe Bar no seu contexto histórico en España e en Europa. Presentará o acto Alicia Garrido, tamén autora da outra gran monografía sobre o arquitecto vigués.
O acceso será libre para todo o público interesado, ata completar aforo (80 persoas).
- Celestino Garcia Braña foi Profesor e Director do Departamento de Composición da UDC, e actualmente continúa a súa vinculación académica como Profesor Honorario. Autor de numerosos libros e publicacións no eido da Arquitectura, recibiu tamén o Premio Europeo á Rehabilitación ADDIPA pola súa intervención xunto a Isabel Aguirre no entorno do Mosteiro de Caaveiro. Foi decano-presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia (2005-2011) e actualmente é Vicepresidente da Real Academia de Belas Artes de Galicia.
- Jaime Blanco é Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona na que desenrola o seu labor docente como profesor asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos. Obtén o título de Doutor Arquitecto Cum Laude no 2016 coa tese doutoral “La obra de Xosé Bar Bóo: objetividad y dimensión colectiva”. Dende o ano 2005 desenrola a súa actividade profesional como socio fundador de Mestura Arquitectos, con sede en Barcelona.
- Alicia Garrido é historiadora da arte, ademáis de autora do libro “La obra de Xosé Bar Bóo: Una arquitectura a la medida del hombre” (Fund. Pedro Barrie de la Maza, 2000)
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.