O DOG publica os cursos para axentes da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica que se levarán a cabo na Agasp

Os cursos terá lugar na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, en virtude do convenio asinado co Ministerio do Interior
Publicado por o día 20/02/2018 na sección de Formación

O DOG publica os cursos para axentes da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica que se levarán a cabo na Agasp

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o plan de formación continua para o persoal da Policía NacionalGarda Civil e da Policía Autonómica, que se van desenvolver na Academia Galega de Seguridade Pública, e que comprenden preto de 500 horas de formación dirixidas a 835 axentes.

Así, a Policía Autonómica vai a realizar no primeiro semestre 8 cursos, nos que destacan violencia de xénero e menores, así como a especialización en medio ambiente, de acordo coas súas competencias onde a loita contra o furtivismo e a protección de mulleres vítimas de violencia de xénero ocupan un lugar destacado.

A Garda Civil, no primeiro semestre deste ano, vai a levar a cabo 12 accións formativas, ademais da formación da Garda Civil de tráfico, cun programa de mandos especifico, a formación nas medidas preventivas básicas ante os incendios forestais, e cursos relacionados con aduanas, ciberdelincuencia ou lexislación marítima.

Pola súa banda, a Policía Nacional realizará un total de 18 cursos entre os que destacan a busca de persoas desaparecidas e restos humanos sen identificar, secuestros, extorsións e incidentes con rehéns, estranxeiría ou manexo de redes sociais.