Duascentas persoas participan no programa transfronteirizo “Deporte para todas as persoas”, promovido pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, con actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en espazos dos dous concellos, até final de ano.
As opcións incluídas neste programa son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira. Dentro de esta última opción, estas semanas puxéronse en marcha novos grupos nas parroquias tomiñesas de Tebra e Sobrada.
As actividades deportivas estarán en marcha ata o mes de novembro, con parada estival en agosto. Prévese que o programa acolla tamén unha andaina e un evento polideportivo.
Máis información sobre horarios e inscrición en: https://eurocidadecerveiratomino.eu/o-programa-deporte-para-todas-as-persoas-retoma-as-suas-actividades-conxuntas-en-tomino-e-cerveira
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.