Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2020

Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Cultura

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2020

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2020 para orixinais en lingua galega nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.

O Premio Xerais de Novela chega á trixésimo sétima  edición,  o  Premio Merlín de Literatura Infantil acada a trixésimo quinta e o Jules Verne de Literatura Xuvenil a décimo segunda edición. Cada un dos premios están dotados con 10.000 euros.

O prazo de admisión de orixinais presentados aos tres premios remata o 1 de abril de 2020.

Aqui as Bases