A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de resolver as axudas para a realización de estadías para a mellora da competencia do alumnado en linguas estranxeiras, na que este ano se duplican as prazas ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Así mesmo, o orzamento pasou dos preto de 300.000 euros do ano anterior aos máis de 1,2 millóns de euros deste ano. A Consellería asumirá entre o 50% e o 87 do custo das estadías.
Nas estadías deste ano introducíronse unha serie de cambios nas oportunidades formativas para os mozos e mozas. Deste xeito, non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino.
Ademais, ofertáronse 30 prazas en Canadá, en réxime familiar, nas que o alumnado galego asistirá a clases en centros educativos da zona de destino.
As persoas participantes na convocatoria poderán consultar a adxudicación definitiva na seguinte dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle .
A distribución de prazas é a seguinte:
MODALIDADE
|
DURACIÓN
|
RÉXIME ALOXAMENTO
|
Nº PRAZAS
|
|
2º BACH.
|
Inglés en Canadá
|
3 semanas
|
Familia
|
80
|
Inglés no Reino Unido
|
3 semanas
|
Familia
|
90
|
|
Francés en Francia
|
3 semanas
|
Residencia
|
10
|
|
Portugués en Portugal
|
3 semanas
|
Familia ou residencia
|
10
|
|
1º BACH.
|
Inglés no Reino Unido
|
3 semanas
|
Familia
|
90
|
Inglés en Canadá
|
3 semanas
|
Familia
|
80
|
|
Inglés en Canadá- Integración (clases en centros educativos da zona de destino) |
4 semanas
|
Familia
|
30
|
|
Inglés en Galicia
|
1 semana
|
Residencia
|
50
|
|
Francés en Francia
|
3 semanas
|
Residencia
|
10
|
|
Portugués en Portugal
|
3 semanas
|
Familia ou residencia
|
10
|
|
TOTAL BACH. |
460
|
|||
4º ESO | Inglés en Galicia | 1 semana |
Residencia
|
50
|
4º ESO | Inglés en Galicia | 2 semanas |
Residencia
|
90
|
3º ESO | Inglés en Galicia | 2 semanas |
Residencia
|
180
|
2º ESO | Inglés en Galicia | 2 semanas |
Residencia
|
240
|
1º ESO | Inglés en Galicia | 2 semanas |
Residencia
|
380
|
TOTAL ESO
|
940
|
Contacto idiomático e cultural
O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros ou excursións. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.
Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.