En marcha o proceso de selección de persoal para o novo Burguer King de Amieirolongo

O procedemento de selección realízase en colaboración coa Axencia de Colocación de Mos
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Mos

En marcha o proceso de selección de persoal para o novo Burguer King de Amieirolongo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto e a técnico municipal de emprego, reuníronse na Axencia de Colocación mosense con María Oyoaga, responsable de Recursos Humanos de Burguer King, para asinar o convenio de colaboración coa Axencia Colocacion Mos de cara ao proceso de selección do novo restaurante que abrirá próximamente as súas portas ao público na zona comercial de Amieirolongo.

A selección de persoal realizarase nas instalacións da Axencia de Colocación previsiblemente a semana próxima. A intención é entrevistar a máis de 150 persoas.

Burger King Mos busca persoal para o restaurante de Amieirolongo (Sanguiñeda) para a realización das seguintes función: atención personalizada e servizo a clientes. Servizo de productos en barra e/ou mesa. Velar polo orde e a limpeza do establecemento.
Requírense estudos mínimos de Educación Secundaria Obligatoria e experiencia previa como axudante de camareiro/a en restaurantes fast food. Búscanse persoas con bo impacto, orientación ao cliente e gran capacidade para traballar en equipo. Valorable o Carnet de Manipulador de Alimentos e prioridad para habitantes da zona. A xornada laboral será de luns a domingo con dous días de descanso entre semana.

Os interesados en optar a un destes postos de empregados base de Burguer King poden presentar as súas candidaturas enviando os seus currículos ao enderezo de correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es ou ben a través da web www.axenciadecolocacionmos.es

Burguer King Mos xerará uns 25 postos de traballo directos ocupados preferentemente por veciños de Mos (daráselles prioridade aos desempregados mosenses no proceso de selección) grazas á Axencia de Colocación do Concello, coa que a empresa asinou un convenio de colaboración para levar a cabo o proceso de selección. Coa bolsa de desempregados do Concello de Mos tentaranse cubrir, polo tanto, estes 25 postos que se ofertarán grazas á apertura do novo Burguer King de Amieirolongo. Buscan un perfil de traballador/a xoven, con vistas a que os novos traballadores poidan converter o seu posto en Burguer King nunha carreira profesional.

O restaurante Burguer King de Amieirolongo trátase dun edificio singular, de aproximadamente 400 metros cadrados no que a empresa fai un investimento de 2,5 millóns de euros tendo en conta o terreo, urbanización e construción do edificio. Este local unirase aos outros 4 Burger Kings xa existentes na comarca e será o número 27 en Galicia.