Ensaio de portas abiertas da Orquesta Clásica de Vigo

Venres 4 de outubro ás 20:30 na Escola de Música
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Ensaio de portas abiertas da Orquesta Clásica de Vigo
O programa do 12 de outubro, o cuarto da tempada de abono, leva por nome “Criaturas” é ten unha liña argumental que presenta unha estrutura de ida e volta á base da confrontación que busca destacar as conexións musicais entre obras de distintas xeracións: L. Beethoven e F. Mendelssohn.
 
O concerto comeza coa Abertura das Criaturas de Prometeo, op. 43, de onde tomamos o nome, pois Prometeo é o responsable da transmisión do lume. Tras esta abertura chegará o momento de Jorge Abreu Seoane, interpretando o Concerto para piano n.º 1 en en sol menor op. 25, de Felix Mendelssohn. Este concerto remata interpretando a Sinfonía n.º 4 en si bemol maior, op. 60, de Ludwig van Beethoven, unha das sinfonías máis descoñecidas deste xenial autor.
 
Con este concerto queremos anticipar e dar comezo ao 250 aniversario de Beethoven, poñendo en valor a súa pegada imborrable.
 
Programa concerto sábado 12 de outubro:
 
Die Geschöpfe des Prometheus (Abertura) op. 43, de Ludwig van Beethoven
(As Criaturas de Prometeo)
 
Concerto para piano n.º 1 en en sol menor op. 25, de Felix Mendelssohn
 
Sinfonía n.º 4 en si bemol maior, op. 60, de Ludwig van Beethoven
 
>> Entradas á venda dende 5€ en www.ataquilla.com