‘Escenarios Vibra Mahou’ volve un ano máis a Galicia con artistas e bandas nacionais de primeiro nivel. Viva Suecia, actuará na sala Rouge o sábado 9 de marzo; Depedro, ofrecerá o seu concerto na sala Sinatra, o xoves 14 e Nikone, pechará as citas viguesas o xoves 21.
En total, serán nove datas que se prolongarán desde o 7 ata o 29 de marzo. Durante estas semanas, ‘Escenarios Vibra Mahou’ pasará tamén por outras salas da Coruña, Lugo, Santiago, Pontevedra e Boiro.
Tras o éxito cultivado en edicións anteriores do ciclo, polo que xa pasaron preto de 5.000 persoas en dous anos, nesta nova edición ampliouse o número de cidades e salas.
Unha experiencia única
Cada un dos concertos supoñerá, de novo, unha experiencia única para o público, xa que os artistas convidados actuarán en aforamentos moi inferiores aos que afán. Grazas a esta característica de ‘Escenarios Vibra Mahou’ os asistentes poderán deixarse envolver pola música en directo e vibrar de preto cos seus artistas favoritos, aqueles a os que seguen a diario en redes sociais e outras plataformas dixitais.
Entre as particularidades de ‘Escenarios Vibra Mahou’ xa coñecidas e buscadas polos fans, atópase “La canción del público”. Os asistentes poden elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo. Ademais, a través dunha promoción da marca, varias persoas terán a oportunidade de gozar, antes de cada un dos concertos, dun Meet & Greet cos músicos, é dicir, un encontro privado acompañado dunha Mahou e no que poderán preguntar e falar con total naturalidade co artista.
Ademais, como novidade, este ano ‘Escenarios Vibra Mahou’ incorpora activacións dixitais e interactivas que fan de cada concerto unha nova forma de vivir a música que cada ano gaña máis seguidores. Con esta iniciativa, Mahou mostra a súa aposta pola música, compartindo experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos, mesturando a paixón, a alma e a proximidade entre o artista e o seu público.
As entradas para as nove datas de ‘Escenarios Vibra Mahou’ xa se poden adquirir en www.ticketmaster.es.
A axenda completa de concertos é:
◊ 7 de marzo. Zahara. Sala Malatesta. Santiago de Compostela.
◊ 9 de marzo. Viva Suecia. Sala Rouge. Vigo.
◊ 14 de marzo. Depedro. Sala Sinatra. Vigo.
◊ 15 de marzo. Shinova e Nunatak. Salga Pantalán. A Coruña.
◊ 17 de marzo. Xoel López. Sala Tebras. Lugo.
◊ 21 de marzo. Nikone. Sala Island. Vigo.
◊ 22 de marzo. Carlos Sadness. A Pousada. Boiro.
◊ 28 de marzo. Zetazen. Sala Bunker. A Coruña.
◊ 29 de marzo. Second. Sala Karma. Pontevedra.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.