Esta é a valoración de VigoHistórico sobre as novidades no Túnel da Porta do Sol publicadas polo Concello

Publicado por o día 03/02/2020 na sección de Galicia,Vigo

Esta é a valoración de VigoHistórico sobre as novidades no Túnel da Porta do Sol publicadas polo Concello

Un medio de comunicación local ven de publicar o pasado domingo, e hoxe luns, unha nova na que afirmaba que o Concello de Vigo está a traballar nun anteproxecto de ampliación do túnel da Porta do Sol – Elduayen.

O colectivo VigoHistórico quere manifestar ante os medios de comunicación a sua posición ante este asunto.

  1. A nova fala dunha idea de anteproxecto, co que nin siquera se trata de un anteproxecto.

  2. Sorprende que o Concello esté a pensar nunha modificación sustancial dun proxecto, como é o da construcción do túnel de Elduayen, no que se puxo a primeira pedra hai tan so unha semana. Semella que o proxecto actual do túnel non lle convence nin ao propio Concello.

  3. Lendo polo miudo a nova, non queda moi claro como se levará a cabo a peonalizacion. Da a impresión que que é unha resposta improvisada para calmar o descontento. En todo caso, non lle vemos sentido a planificar a modificacion dunha infraestructura cando se está comenzando a construir. A situación require deter as obras de inmediato e explicar cun proxecto serio, riguroso e detallado o plan do concello. E non quedarse nun anuncio nun medio de comunicación.

  4. VigoHistórico segue a reclamar a peonalización da Porta do Sol, Elduayen e mais o Paseo de Alfonso SEN TUNEL. A construcción de esta infraestructura é totalmente innecesaria para acadar esa peonalización.

  5. Con estas obras, a nosa cidade camiña na dirección xusto oposta á tomada polas outras cidades da nosa contorna e mais á marcada pola lexislación europea e española, que busca sacar o tráfico do centro das cidades e non facilitar o seu paso.

  6. Pensamos que un concello democrático debe informar e consultar cos veciños afectados e cos cidadans en xeral calquera proxecto que supoña unha transformación da urbe como a que se pretende co proxecto de soterramento do tráfico Porta do Sol- Elduayen. VigoHistórico sempre estivo e estará disposto a falar co Concello e os seus técnicos, a fin de acadar unha cidade mais sustentabel e respectuosa co patrimonio