Este é o programa das festas de San Roque de Vigo

A romaría urbana máis tradicional de Vigo
Publicado por o día 14/08/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Este é o programa das festas de San Roque de Vigo

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiroconverte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo. Os exvotos son o máis típico desta celebración: o costume manda comprar a reprodución en cera da parte do corpo enferma e pedir a San Roque que a cure. Os fieis aseguran que o ‘santo milagreiro’ é capaz de sandalo todo.

A Finca de San Roque acolle as celebracións relixiosas do día do santo; é un impresionante pazo ameado rodeado por un fermoso parque que pode visitarse todo o ano. O pazo é privado, pero o seu fermoso exterior merece unha visita.

Se a túa estancia en Vigo coincide co 16 de agosto, non dubides en achegarte á romaría e comer polbo ou sardiñas asadas nalgunha das longas mesas instaladas para a ocasión.

O Programa

Dentro do proceso modernizador, que salta xa ao a vista cun cartel que se escapa dos tradicionais deseños. Neste caso, desde a propia imaxe corporativa, a nova xunta directiva, composta maioritariamente por mulleres novas, busca atraer á xente nova, “como única forma de mantela e darlle continuidade”.

No apartado musical nocturno, o sábado os concertos repasarán o mellor do pop rock dos 80 ata hoxe cos vigueses de Crónicas Pop ás 21:00 horas e os baioneses da Patrulla desde as 22:45 horas. O venres, será a noite máis folclórica. Arrincará ás 21:15 horas co concerto de O Fiadeiro.

A noite continuase coa Banda de Música Cultural de Arcade -23:00 horas- e a actuación do grupo folk Algarabía a medianoite.

O domingo será o momento do soul cunha noite que fará bailar aos presentes da man dos cantantes á vez que showman Alberto Cunha e Tony Lomba e o concerto do grupo Broken Peach