Loló e Mamá é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gutaría e sobre todo, que o amor é unha feramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar.
◼ SINOPSE
Mamá queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, Loló, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento?
De que maneira conviven agora coa loita cotiá, contra o aburrimento, unha nai que foi reporteira de guerra e que agora non ten nada que contar… e unha filla, que fronte á ausencia da súa nai, estruturou a súa vida a base de loita individual? Canto tempo pode pasar ata que estoupe a guerrilla familiar?
◼ ENTRADAS FÍSICAS:
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas e 4 butacas ao seu lado reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso). Este tipo de entradas poderán mercarse só a través da venda telefónica no teléfono 902044226, na billeteira de Elepé ou na do propio Auditorio o día do espectáculo (de non esgotarse na venda anticipada). Os menores deben ir acompañados de un adulto.
As entradas para Loló e Mamá no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o venres 20 de abril de 2018 as 21:00 horas teñen un prezo de 8 euros.
◼ ENTRADAS ONLINE:
https://www.ticketea.com/entradas-teatro-lolo-e-mama-audit…/
Actores: Stephy Llaryora y Josi Lage
Dramaturxia: Esther Carro d’Eguas
Axudante de Dirección: Noelia Blanco
Auditorio Municipal Concello de Vigo
Venres 20 de abril de 2018 as 21:00h
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.