Pasear polo monte, descubrir recunchos da túa cidade ou vila ou poñerse en forma. A bicicleta ofrece unha chea de opcións, sobre todo cando disfrutamos do bo tempo. Ante situacións imprevistas, un xogo básico de ferramentas, podería ser de gran axuda.
Dende o 112 Galicia e noticiasvigo.es agardamos que goces da túa ruta, pero tamén che pedimos que teñas en conta estos consellos.
- Revisa que a túa bicicleta se atope en bo estado, antes de saír a rodar
- Non esquezas levar contigo o teu kit básico de ferramenta
- Vai sempre documentado co teu DNI ou pasaporte
- Circula con responsabilidade e respecto cara ao resto dos usuarios da estrada. Non estaría de máis que transmitises as túas intencións (cambiar de carril, dar volta…) aos demais usuarios a través de sinais manuais
- Non consumas alcol/drogas
- Se circulas por estrada, lembra que é uso do casco é obrigatorio
- Evita o uso de auriculares para escoitar o IPOD ou a radio, así como usar o teléfono móbil. Poden xogarche unha mala pasada
- Faite ver en situacións de escasa visibilidade, utiliza vestimenta de cores brillantes, chaleco reflector, luces…
- Non circules en pelotón. Na estrada, de dous en dous como máximo. Se non houbese beiravía, tenta que a circulación sexa dun en un
- Lembra que na estrada debes circular pola beiravía e, no seu defecto, pegado á dereita
- Utiliza os carrís bici cando circules por cidade e, no seu defecto, polo carril da dereita da calzada. Nunca vaias polas beirarrúas
- Respecta os sinais de alto, de ceda ao paso, cruces peonís… Detente e asegúrate que non veñen outros vehículos ou peóns
- Se practicas Bicicleta de Montaña (BTT) e circulas por lugares illados, podes facer uso da APP móbil Alpify. Esta aplicación axuda á xeolocalizar persoas en caso de apuro xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. Lembra que a podes descargar de forma gratuíta na seguinte ligazón
- Se sofres algún contratempo chama ao 112
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.