O alcalde de Cangas do Morrazo (Pontevedra), Xosé Manuel Pazos, faleceu este luns aos 63 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde esta fin de semana como consecuencia dunha insuficiencia cardíaca, derivada da longa enfermidade de pulmón que padecía, confirmaron fontes próximas ao rexedor.
Pazos, membro da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, era alcalde de Cangas desde 2015, encabezando a coalición Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), que goberna este municipio do Morrazo co PSOE.
Mestre de profesión, foi tamén actor, director e autor teatral. No ámbito político, exerceu como concelleiro de Cangas por Esquerda Unida entre 1995 e 1997, e por Alternativa Canguesa de Esquerdas entre 2007 e 2009 e, en 2015, foi investido alcalde desta localidade. Ademais, entre 1997 e 2001, foi deputado por Esquerda de Galicia (Grupo Mixto) no Parlamento galego.
Xosé Manuel Pazos levaba tempo loitando contra un cancro de pulmón e, de feito, abandonou momentaneamente a alcaldía en outubro de 2018 para ser intervido cirurxicamente e poder recuperarse. Pouco máis dun mes despois reincorporouse á súa responsabilidade como rexedor, que mantivo ata este luns. Desde NoticiasVigo.es queremos transmitir noso pesar á familia polo falecemento do alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos, que esta fin de semana como consecuencia dunha insuficiencia cardíaca, derivada da longa enfermidade de pulmón que padecía.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.