O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, no Consello da Xunta, o calendario lexislativo previsto para este 2021, en virtude do cal se enviarán ao Parlamento de Galicia 10 leis. Unha axenda, dixo, que abranguerá distintos sectores produtivos da economía galega, e introducirá renovacións nas normativas existentes.
Deste xeito, incluirase na folla de ruta a Lei reguladora de xogos e apostas de Galicia e a actualización da lexislación reguladora de artesanía. Así como a Lei de patrimonio, o Plan Estatístico 2022-2026 e a nova Lei de arquitectura de Galicia.
Ademais, para blindar a estabilidade que se precisa neste contexto de reactivación e reconstrución, aprobarase a Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma 2022.
Por outra banda, na educación desenvolveranse avances e actualizacións do marco regulador da educación para adultos e, na mesma liña, aprobarase a renovación da normativa sobre prevención do consumo de alcohol, que incorporará lexislación sobre a prevención do consumo de tabaco.
E, por último, no plano ambiental e do sector primario, o calendario incluirá tamén a Lei de creación da sociedade para a xestión do ciclo da auga e a Lei de calidade ambiental.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.