O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á serie 3 Caminos, a primeira serie internacional sobre a ruta xacobea e a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022, como “a mellor carta de presentación de Galicia”.
Durante a estrea, Feijóo resaltou que para configurar esta ficción, que narra a historia de cinco mozos peregrinos procedentes de todo o mundo, contouse cun elenco multicultural: Álex González, Verónica Echegui, Cecilia Suárez, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Lee. Ademais de recordar que esta produción galega propiciou alianzas nunha ambiciosa coprodución internacional, xa que ao proxecto sumáronse estruturas e compañías de España, Alemaña, Italia, Portugal, Corea do Sur e México.
Cómpre salientar que esta serie estrearase en Amazon Prime Video o vindeiro 22 de xaneiro, o que permitirá que se poida ver en 240 territorios, cunha audiencia potencial de 200 millóns de persoas. Un proxecto da produtora galega Ficción Producciones que se levou a cabo cuns servizos de produción 100% galegos, ao igual que o 80% do persoal técnico.
Por último, o presidente da Xunta aseverou que, do mesmo xeito que o fixeron moitos outros proxectos como O que arde, O sabor das margaridas e El desorden que dejas, esta serie acredita o bo facer e o talento do audiovisual galego.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.