Fernández-Tapias cifra nun 33,52% o incremento das horas do servizo de axuda no fogar en oito concellos da área de Vigo

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo informa do aumento en máis de 300.000 horas superando o millón anual nos concellos de Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Vigo
Publicado por o día 01/01/2021 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Fernández-Tapias cifra nun 33,52% o incremento das horas do servizo de axuda no fogar en oito concellos da área de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, puxo hoxe en valor o esforzo orzamentario do Goberno galego en materia de atención as persoas en situación de dependencia, que exemplificou no incremento en 10 millóns de euros, ata os 83,6 millóns, a partida destinada por Política Social ao Servizo de Axuda no Fogar.

Un aumento que no caso da comarca viguesa tradúcese nunha suba do 33,52 por cento en máis de 300.000 horas, ata superar o millón anual, nos concellos de Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Vigo, segundo os datos aportados pola representante autonómica. Un importante pulo, dixo, para o que é un dos recursos máis demandados pola poboación maior que necesita algún tipo de axuda, así como polas súas familias coidadoras.

Atendendo as horas asignadas os municipios da provincia de Pontevedra que disporán de máis horas no 2021 son Vigo con 650.832 anuais (+51,37%) e Cangas con 74.712 (+14,43%). Baiona contará con 34.608 horas (+10,88%); Gondomar con 41.184 (+59,04%); Moaña con 71.496 (+42,71%); Mos con 70.704 (+15,12%); O Porriño con 67.824 horas (+35,31) e Salvaterra con 40.992 (+20,88%).

A aposta da Consellería de Política Social por este tipo de servizos para as persoas en situación de dependencia é clara e decidida e, por iso, leva desde o 2009 incrementando a prestación do SAF en toda Galicia.