A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe en vésperas de Reis á Asociación Stop Vigo, coincidindo co último día do reparto da campaña Cada Neno un Xoguete.
A representante autonómica que destacou a importante labor desenvolvida pola entidade nos últimos once anos a través desta iniciativa, fixo un percorrido polas instalacións da rúa Paulino Freire en Bouzas, e coñeceu o procedemento que se sigue para manipular os xoguetes de forma segura, seguindo todas as medidas de protección ás que obriga a actual crise sanitaria.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.