O GALI participa na busca dun septuaxenario desaparecido en Verín mediante o emprego de drons

Publicado por o día 12/02/2018 na sección de Sucesos

O GALI participa na busca dun septuaxenario desaparecido en Verín mediante o emprego de drons

Os membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colaboran coa Garda Civil nun operativo de busca dun septuaxenario desaparecido en Verín.

Mediante o emprego de drons, o GALI está a participar nos labores de busca dun home do que se perdeu a pista o pasado xoves preto do mediodía na parroquia de Queizás.

Desde ese momento, tanto axentes da Garda Civil como da Policía Local e voluntarios de Protección Civil traballan na procura do home, gravemente enfermo, a través dos medios terrestres e aéreos, ata o de agora con resultado negativo.

Así, tras a petición que a Garda Civil fixo chegar ao 112 Galicia, esta tarde súmase o equipo do GALI coa posta en funcionamento dos drons, que desde as 16:30 horas de hoxe están rastrexando a zona.

Os bombeiros liberaron a un condutor atrapado despois de saírse da vía co vehículo que conducía en Guitiriz

Os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba liberaron esta tarde ao condutor dun turismo que se saíu da vía na estrada de Parga a Friol, ao paso polo concello de Guitiriz.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse á unha desta tarde na parroquia de Parga e ata alí acudiron os membros do GES da localidade e os bombeiros de Vilalba para colaborar nos labores de excarceración do ferido, que tiña un xeonllo atrapado polo salpicadero.

Unha vez liberado, o home puido ser trasladado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para ser sometido a un recoñecemento médico no hospital máis próximo.