Galicia administrou o 65% das vacinas da primeira remesa enviada polo goberno central

A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro. Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis.
Publicado por o día 05/01/2021 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

A Consellería de Sanidade confirma a vacinación, na primeira semana, de máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios.

A previsión é rematar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro. Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis. A Consellería de Sanidade mantén, polo dagora, unha reserva dun tercio das vacinas por si se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose.

A Xunta de Galicia vacinou coas primeiras 18.500 doses a algo máis de 12.000 persoas ata o onte, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse arredor de 12.200 persoas, aínda que non se descarta vacinar a mais, se se garantiza a chegada compremetida polo Ministerio de Sanidade. Polo dagora, a Xunta recibíu 37.500 doses, das que 18.550 pertencen a última remesa que chegou o pasado luns día 4 de xaneiro, e que non se poideron administrar ata hoxe polo tempo requerido para adecuar a temperatura.

O Servizo Galego de Saúde quere agradecer o excelente traballo dos equipos de vacinación. Persoal de enfermería que están a traballar cunha gran profesionalidade e unha actitude impecable.