Galicia rexistra 1.752 falecidos con ás 12 persoas falecidas nas últimas horas pola COVID19

Galicia rexistra un total de 22.124 casos activos por coronavirus
Publicado por o día 29/01/2021 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Galicia rexistra 1.752 falecidos con ás 12 persoas falecidas nas últimas horas pola COVID19

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.124, deles 5.912 son da área da Coruña, 2.009 da de Lugo, 2.989 da de Ourense, 2.246 da de Pontevedra, 3.799 da área de Vigo, 3.373 da de Santiago, e 1.796 da de Ferrol.

• A Coruña: 5.912 (+57) • Vigo: 3.799 (+118)  • Santiago: 3.373 (+102) • Ourense: 2.989 (+21) • Pontevedra: 2.246 (+92) • Lugo: 2.009 (+31) • Ferrol: 1.796 (+90)

Dispárase a ocupación de camas UCI

No que respecta á situación nos hospitais, a situación é moi preocupante. De novo volven subir o número de persoas ingresadas, que xa supera o limiar das 1.300 persoas (1.331, 52 máis ca onte), con especial intensidade hoxe nas UCI: hai 210 hospitalizados nestas unidades (+17) e 1.121 en planta (+35).

A positividade, no 10 %

O Sergas notifica que se realizaron 13.653 probs PCR (+859), un novo récord na pandemia, das cales deron positivo 1.390. Isto revela unha positividade do 10,18 %, case un punto e medio máis ca onte. É algo superior á media da última semana (10,28 %).

A cifra total de mortes por coronavirus na nosa comunidade ascende a 1.752 desde o inicio da pandemia.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 78.810.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

3.639

 AULAS PECHADAS

160

 CENTROS PECHADOS

8

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

As persoas falecidas nas 24 horas

Muller de 61 anos no CHUVI Procedía da residencia Casa A Nosa Sra. de Fátima e Cristo Rey de Crecente.

Home de 96 anos no CHOP.

Muller de 85 anos no CHUAC.

Home de 64 anos no CHUS.

Muller de 86 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Muller de 94 ano no CHUO. Procedía do Fogar Residencial Branco Amor de Boborás

Muller de 55 ano na Residencia de gravemente afectados Pai Menni de Betanzos.

Muller de 84 anos no CHUVI.

Muller de 92 anos no HULA.

Home de 77 anos na residencia DOMUSVI de Carballo

Home de 84 anos na residencia DOMUSVI de Carballo

Home de 91 anos. Falecido en residencia Virxe da Clamadoira de Muiños.

Segundo informa Sanidade, todas as persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.