A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.030, deles 4.124 son da área da Coruña, 1.361 da de Lugo, 2.251 da de Ourense, 1.374 da de Pontevedra, 2.942 da área de Vigo, 2.694 da de Santiago, e 1.284 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 135 están en UCI, 744 en unidades de hospitalización e 15.151 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 63.973 persoas curadas, rexistrándose falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.284.868.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 62.031.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA
|
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
|
|
NÚMERO DE CASOS
|
16.030
|
494 usuarios
|
241 profesionais
|
||
FALECEMENTOS
|
1.584
|
273 en residencias |
359 en hospitais e residencias integradas |
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS |
TOTAL GALICIA
|
NÚMERO DE POSITIVOS |
2461
|
AULAS PECHADAS |
103
|
CENTROS PECHADOS |
6
|
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.
Os falecementos
Falecen 18 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus nestas 24 últimas horas.
Home de 90 anos, no Chuo.
Home de 82 anos, no Chuac.
Muller de 88 anos, no Chus.
Muller de 74 anos, no Chuac.
Home de 78 anos, no Chop.
Home de 73 anos, no Chuac.
Home de 74 anos, no Chuo.
Muller de 90 anos, no Chus.
Muller de 85 anos, no Chuvi.
Muller de 92 anos, no Chuvi.
Muller de 72 anos, no Chus.
Home de 82 anos, no Chuf.
Home de 83 anos, no Chuf.
Home de 90 anos, no Chuf.
Home de 90 anos, en Povisa.
Home de 86 anos, en Povisa.
Home de 92 anos, no Chop.
En centros sociosanitarios:
Home de 92 anos, na Residencia Paz y Bien de Tui.
Todos eles tiñan patoloxías previas.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.