A Proposición Non de Lei debatida hoxe mércores 30 polo deputado Antón Sánchez de En Marea no Parlamento Galego a instancias de GañaMós Asemblea Veciñal. Unha Proposición para rexeitar o pelotazo urbanístico nos montes de Mos. Desde GañaMós parécelles increible que toda a defensa do conselleiro do Partido Popular sexa axitar unha foto da reunión de hai un ano se celebrou nos Escudos con representantes políticos e sociais de toda a área metropolitana. Nesa reunión estivemosnós ao igual que a Comunidade de Montes de Tameiga ou mesmo o alcalde de Vigo, Abel Caballero. GañaMós Asemblea Veciñal manifesta que foron a esa e a todas as reunións onde poideramos recabar información sobre o proxecto e poder así discernir se este se trataba dunha boa inversión para Mos ou dun pelotazo urbanístico, pronto quedou claro que o que se traía entre mans Arévalo era un pelotazo de manual.
Na PNL presentada instábase ao Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Non aprobar a modificación puntual do planeamento do Concello de Mos coa que se pretende facilitar a realización do proxecto deportivo e comercial.
2.-Potenciar o pequeno e mediano comercio e a súa conservación e expansión.
3.-Manter os terreos coa vocación forestal e de lecer para que funcionalmentefaga parte do pulmón verde de Vigo, Mos e a súa área metropolitana
4.-Aprobar e publicar a estratexia para a execución da Infraestrutura Verde de Galicia.
5.-Aprobar as directrices do paisaxe.
Texto da PNL presentada poir En Marea a instancias de GañaMós
Video intervención no Parlamento Galego:
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.