GañaMós denuncia a contaminación das augas dos manaciais polas obras dos campos de fútbol do Celta en Pereiras

Publicado por o día 12/03/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós denuncia a contaminación das augas dos manaciais polas obras dos campos de fútbol do Celta en Pereiras
A contaminación das augas das dos mananciais das captacións das Comunidades das Traídas de Auga que está provocando as obras dos campos de fútbol do Celta nos Montes de Pereiras, manifeistan desde o grupo municipal GañaMós na súa nota. “O que Arévalo prometeu que nunca ía ocurrir xa está pasando. As obras dos campos do Celta estan contaminando os mananciais das Traídas de Auga. Unhas captacións que decían que estaban fóra do ámbito da actuación e que nunca se verían afectadas e apenas comenzaron a obrar e as súas augas estan enturbiadas polos lodos das obras” denuncian.
 
Só foron tres días de chuvia e foi suficiente para que o lodo que está provocando os movementos de terra das obras dos campos de fútbol do Celta nos Montes de Pereiras chegara ata os mananciais onde captan a auga algunha as Traídas no Monte de Tameiga xusto na zona limítrofe co Monte de Pereiras por debaixo de onde están obrando.
As escorrentias producidas pola chuvia arrastraron pendente abaixo os lodos contaminando os regatos e os pozos das traídas enturbiando a auga coa terra do aluvión. Non foi unha contaminación que deixara fóra de servizo os pozos porque só foron tres días de choiva, se non se pon remedio nos vindeiros días a contaminación pode ser fatal e deixar de ser potable a auga destas captacións. Pero o que si queda claro é que todos estos pozos e mananciais son suceptibles de ser afectados, uns pozos que en concreto Arévalo negou rotundamente que poideran ser afectados.
E só foi unha contaminación por superfice, que pasará cando empecen a usar nas obras  productos químicos que se filtren nas escorrentías subterraneas ou cando comecen a utilizar herbicidas, abonos e demais químicos para o mantemento dos campos de fútbol?, finalizá a denuncia de GañaMós.
 
Video explicativo https://youtu.be/x0hGttk4iMo