Ghazafelhos presenta este xoves no Teatro Municipal “Rubicundo”

Será ás 20h nun espectáculo para público familiar a partir de 3 anos
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Galicia,Tui

Ghazafelhos presenta este xoves no Teatro Municipal “Rubicundo”

O público infantil é o destinatario do segundo espectáculo da programación de Outono que este xoves chega ao Teatro Municipal de Tui. A cita será ás 20h coa compañía Ghazafelhos e a obra “Rubicundo”. Pepablo Patiño é o autor e director desta obra teatral destinada público a partir dos 3 anos, que el mesmo interpreta xunto a Montse Piñón e Jorge Casas.

Esta obra achéganos unha adaptación do conto “Rubicundo” de María Canosa, que foi finalista do Premio Merlin de literatura infantil en 2014. Ao longo de 60 minutos coñecemos a Erea, unha nena curiosa e soñadora, que é a única que repara cada noite en Rubicundo, que cada sae en bicicleta co seu gabán e o seu sombreiro. Trátase dunha historia máxica de amizade, constancia e poesía, chea de sorpresas.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o xoves ás 12h, por problemas técnicos polo momento só é posible realizar a operación co navegador Firefox. O xoves poderanse adquirir no despacho de billetes dende ás 18.30h ao prezo de 4€ e 3€ con desconto.

Ghazafelhos con “Rubicundo”

  • Data: Xoves, 11 de outubro, ás 20h
  • Lugar: No Teatro Municipal
  • Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o xoves ás 12h, ou o xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes.
  • Prezos: 4€ e 3€