A organización do Marisquiño presentou o MTB Downtown, unha das modalidades máis espectacular do O Marisquiño… unha incrible baixada en Mountain Bike polas costas da cidade de Vigo que son especialmente coñecidas pola súa inclinación. A proba comeza no Castelo de San Sebastián e despois de percorrer vertiginosamente o casco antigo da cidade, termina no mesmo Porto de Vigo onde se celebra o Festival O Marisquiño.
Durante o percorrido desta carreira contrarreloxo, os pilotos sortean a toda velocidade unha chea de obstáculos superando curvas imposibles polas rúas da zona vella… Riders en activo da Copa do Mundo xa probaron as lastras de Vigo e este ano, máis prol que nunca e cunha sorpresa engadida:
Nissan súmase como patrocinador da proba e propón un salto final, xa case na meta por encima dun Qashqai así que a próbaa contrarreloxo de MTB Down Town deste ano incorpórase ao circuíto o salto Qashqai by @Nissan #nissanqashqai #nissanOM… Máis adrenalina se cabe!
Este mesmo xoves abren o prazo de inscricións nesta web… https://www.xn--omarisquio-19a.com/
O percorrido
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.