Grandes figuras do teatro ofrecerán talleres de formacion na Coruña grazas á fundación Coca-Cola

Por o 23/02/2018 | Sección: A Coruña,Cultura,Galicia
Grandes figuras do teatro ofrecerán talleres de formacion na Coruña grazas á fundación Coca-Cola

Interpretación, xestos, miradas, enerxia. O teatro volve ser o verdadeiro protagonista o próximo 24 de febreiro na Coruña, xornada na que os mozos e profesores de Galicia inscritos na 15ª edición dos Premios Buero de Teatro Xove da Fundación Coca-Cola podrán disfrutar de talleres teatrais gratuitos específicos para eles.

Estes talleres, que forman parte dos Campus de Inverno da Fundación Coca-Cola, farán posible que os profesores e alumnos galegos poidan gozar da experiencia de recoñecidos profesionais como Lúa Testa, Susana Sampedro, Laura Míguez ou Abigail Tomey.

Así, os profesores e coordinadores dos grupos de teatro que se presentan aos premios contarán cun taller específico para eles. Lúa Testa impartirá o taller “Escenografía”. Lúa Testa é una actriz e escenógrafa que desenvolve o seu labor profesional no ámbito teatral desde o ano 2000, tendo coñecementos sobre este campo diante e por detrás do escenario.

Pola súa banda, os máis novos Terán a oportunidade de realizar dos talleres. O primerio deles será A Voz, o instrumento perfecto, impartido por Susana Sampedro. A actriz e cantante Susana Sampedro está nomeada a mellor actriz pola XVI edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual de Galicia, é diplomada en Interpretación pola Escola A Lavandeira e ten formación complementaria en Teatro Clásico, Esgrima Teatral, Educación Musical e Ballet Clásico. O segundo taller do que gozarán será O xogo teatral, por Laura Míguez. A actriz e docente, con gran experiencia no mundo do teatro e do ensino, gañou o premio de orixinalidade e creatividade no programa de radio “Ponte Nas Ondas” 2008 e participa na práctica escénica da cidade de Ourense, e coñecida por participar en series como Fontealba, Pazo de Familia de TVG.

Ademáis, profesores de outras asignaturas poderán gozar do taller “Ferramentas teatrais para mellorar a capacidade de comunicación dos teus alumnos”, impartido por Abigail Tomey. Actriz e xestora cultural, Licenciada en Marketing por ESIC con Master en Xestión Cultural pola Universidade Complutense. A Cal desenvolveu a súa carreira artística no teatro, principalmente en textos clásicos. Actualmente é a coordinadora nacional dos Premios Buero de Teatro.

Estes talleres, que xa se realizaron en Barcelona, tamen Terán lugar noutras ciudades españolas como Murcia, Zaragoza, Pamplona, Valencia, Sevilla, Madrid, Las Palmas, Valladolid, Palma de Mallorca e Guadalajara, entre os meses de febreiro e marzo.

Novidades nesta 15 ª edición de los Premios “Buero”

Nesta edición, os Campus de Invierno amplían a súa oferta y ábrense a novos participantes cun taller para profesores de secundaria e bachillerato de calquera asignatura co obxectivo de proporcionarles ferramentas para axudar aos seus estudantes a mellorar as súas capacidades de comunicación e expresión oral en público.

De acordo cun informe da Academia das Artes Escénicas de España, os mozos de entre 15 e 19 años son os que máis interese teñen polo teatro. É por iso que a Fundación Coca-Cola busca, con este proxecto, seguir achegando a cultura e as artes escénicas a toda a sociedade, especialmente aos máis novos.

Por este certamen pasaron desde as súas orixes máis de 78.000 mozos e mozas en máis de 3.800 montaxes teatrais, entre os que se atopan nomes tan recoñedidos como Natalia Huarte, Nacho Sánchez, Aida Flix, Cristina García o Fabio Arrante.

Estes premios contan desde as súas orixes coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), que pon a disposición dos mozoas tanto a súa experiencias profesional como os seus diferentes centros artísticos.

Máis información: http://www.fundacioncocacola.com/premiosbuero/inicio

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.