O Concello do Grove pon en marcha a partires da mañá, venres, todo o operativo para dar comezo a Entroido 2018. Dende primeira hora os operarios municipais estarán traballando no pavillón de deportes do Monte da Vila para a montaxe do Festival de Comparsas. Os servizos do Concello instalarán os telóns de fondo, o escenario, gradas e cadeiras que permiten converter este espazo permitindo contar con 1.100 localidades. A partires do mediodía comezará a montaxe dos equipos de son e audiovisuais.
Debido a organización deste importante evento, serán precisas restricións de tráfico na zona. Deste xeito porase en marcha un dispositivo de control por parte da Policía Local que inclúe a prohibición de estacionamento a partires das 8.00 h do venres 9. Tamén se realizarán cortes de tráfico dende as 19.00 h do sábado 10 de febreiro. Para garantir a accesibilidade as rúas colindantes téñense deseñado rutas alternativas, tal e como se plasma no documento adxunto,
Dende o Concello do Grove solicítase a máxima colaboración veciñal para o mellor desenvolvemento do Festival de Comparsas e agradécese a comprensión cos traballos previos que van ser precisos para esta importante montaxe
Comunicación sobre as restricións no tráfico
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.