Guía de linguaxe inclusiva

Por o 27/01/2019 | Sección: Cultura
Guía de linguaxe inclusiva

O alumnado da materia “Redacción Informativa” da Facultade de Comunicación da USC, coordenado polos profesores Xosé López e José Casás, elaborou, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Guía de linguaxe inclusiva. Este traballo parte do proxecto de Innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo “Xornalismo colaborativo e transmediático contra a discriminación social” e toma como referencia o traballo de Nacho Mirás.

Guía de linguaxe inclusiva recolle pautas e consellos para evitar o sexismo ou o racismo na linguaxe, así como recomendacións para o tratamento xornalístico de colectivos como os nenos e nenas, as persoas maiores, a comunidade LGTBQI, as persoas migrantes, as persoas privadas de liberdade ou as persoas con capacidades diversas. As coberturas de temáticas sensíbeis como a pobreza, o desemprego, as catástrofes e emerxencias, a cooperación Internacional, o comercio xusto e o medio ambiente son tamén abordadas na publicación. A Guía de linguaxe inclusiva foi presentada o mércores 14 de novembro na sede da Fundación Barrié na Coruña, dentro do II networking “Coñecerse para comprenderse”. Aquí podes acceder a seu contido, organizado por temas:

 

O proxecto terá continuidade no presente curso 2018-2019 e incorpora dúas novidades. En primeiro lugar, o manual incluirá novos colectivos ou áreas temáticas sobre os que construír recomendacións: os suicidios, as adiccións, a prostitución e finalmente a moral e a relixión. A segunda novidade consistirá na incorporación dunha nova ferramenta de traballo nas clases: Instagram. O uso desta plataforma busca a asimilación das boas prácticas da guía por parte do alumnado a través dunha ferramenta de uso habitual entre a xente moza. Así, trasladaranse as recomendacións da guía aos formatos propios de Instagram a través de exemplos reais buscados polas alumnas e alumnos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.