A Xunta vén de habilitar unha páxina web (http://eleccionsgalicia2020.gal) na que está dispoñible toda a información esencial sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril.
Na web inclúese información relacionada con temas fundamentais, como o voto por correo para os residentes en España ou temporalmente no estranxeiro, e para as persoas que figuran no CERA. Nestes apartados, ademais da explicación do procedemento, poderanse descargar tamén os formularios correspondentes.
A información da páxina web tamén cobre outros aspectos útiles para a cidadanía, como os trámites co censo, os impresos electorais (para votantes, concellos ou mesas electorais) e a consulta dos colexios e mesas electorais.
Tamén están dispoñibles documentos relacionados coa lexislación vixente, estatal e autonómica; o calendario electoral coas datas sinaladas; e información de utilidade para as persoas que integren ás mesas electorais.
Para maior utilidade e comodidade, a páxina incorpora un apartado de preguntas frecuentes e un chat para consultar calquera dúbida. Tamén está dispoñible o teléfono do elector, no número 900 825 520.
Cómpre ter en conta que a web irase completando, paulatinamente e de acordo cos tempos electorais, cos novos documentos que correspondan.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.