O #ORGULLOLGTBIQ+Vigo está chegando! E este mes está sendo de paralización, de loita, de reivindicación e de resistencia para lle mostrar ó mundo que as diversas existimos e resistimos!
Máis unha vez demostraremos ó mundo a nosa forza colectiva. Nas rúas, nas camas, nas redes, nas casas, no traballo, nos espazos públicos e en todas partes. Verán que somos IMPARABLES! 📣
Dentro do marco da Programación Orgullo Vigo lgtbi+ 2019 de Aso Nosmesmas facemos unha chamada aberta a todes xs fotografxs, editorxs, vídeo makers, colectivos, relatorxs… toda persoa que está arredor da imaxe e das diferentes áreas a xerar e coordenar en común unha Guerrilla Audiovisual para cubrir colaborativamente a manifestación do #OrgulloVigo2019 do vindeiro Sábado 29 de Xuño. Imos cubrir e documentar o orgullo dunha forma aberta, participativa, crítica, horizontal. Tecendo un movemento comunicativo encadrado na #CulturaLibre, coa ética de libre circulación das ideas de acordo co momento de #SoftwareLibre e #CódigoAberto 💻
O vindeiro Venres 21 de Xuño xuntámonos a partir das 20:00h no CSA A COVA DOS RATOS (Rúa Romil 3 Baixo, Vigo) para pensar colectivamente esta guerrilla e abrir ese imaxinario a través do audiovisual para lle mostrar ó mundo e a Vigo que as diversas estamos en pé de loita!! ✊🏽✨
Sigamos creando un orgullo crítico, diverso, autoxestionado, horizontal, transfeminista, anticapitalista, antirracista, anticolonial, antifascista, anticapacitista e antiespecista.
Non o perdas ♥️
Vémonos este vindeiro Venres 21 de Xuño ás 20h no CSA A Cova dos Ratos
Soas non podemos, con amigues si!
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.