IESIDE presenta a masterclass «Aínda segues saíndo a cazar cando hai outros que atraen a túa presa?»

Juan Luis González, fundador de Orange3, impartirá esta masterclass mañana martes 28 de mayo a partir de las 19.00 h en el Campus de Vigo
Publicado por o día 27/05/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

IESIDE presenta a masterclass «Aínda segues saíndo a cazar cando hai outros que atraen a túa presa?»

IESIDE presenta a masterclass «Aínda segues saíndo a cazar cando hai outros que atraen a túa presa?» no seu Campus de Vigo (avda. de Madrid, 60) da man de Juan Luis González, fundador de Orange3, e na que tamén intervirá Juan Rivas, responsable de Fidelización e Medios de Pago de Galuresa. A asistencia é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente neste formulario.

Nesta masterclass de presentación do Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial, analizarase unha metodoloxía que combina técnicas de marketing e publicidade non intrusivas coa finalidade de contactar con potenciais consumidores no inicio do proceso de compra e acompañalos ata a transacción final. Os asistentes aprenderán a facer un buyer persoa, inbound marketing e unha campaña inbound.

O relator, Juan Luis González, é o fundador de Orange3, conselleiro da axencia de publicidade e medios Somos R, conferenciante de transformación dixital e e-commerce, e profesor de IESIDE-ESIC.