III Concerto Solidario de BuenaCalle en Vigo

Publicado por o día 13/04/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

III Concerto Solidario de BuenaCalle en Vigo

Leva tres anos achegando a música á xente e celebrarao o 20 de abril na Fábrica de Chocolate (Vigo). A apertura de portas serás ás 21:30h. A entrada serán 5€ + gastos (Punto de venda: Discos Elepe e woutick.es). Todo o diñeiro recadado doarase a: Rede de mulleres veciñais contra vos malos tratos. Máis nformación en buenacalle.es

No III aniversario solidario de Buena Calle estaremos acompañados do grupo madrileño Screams on Sunday e o grupo galego O Home Flipante e Os Replicantes. Este ano o diñeiro recadado será doado a Rede mulleres veciñais contra vos malos tratos que dan atención, apoio e acompañan ás mulleres no proceso de ruptura contra os malos tratos e traballan pola igualdade entre as persoas.

Screams On Sunday é unha banda de rock alternativo de Madrid. Está formado por Alber Baz (Baixo eléctrico), Pepe Beuzeville (Batería), Dani Nieva (Guitarra rítmica) e Patty Noa (Voz). Destácase polo seu espectáculo enérxico e potente. Screams The Sunday tocou no Reino Unido e España, incluídos pequenos recintos, varios festivais (Festeen, Madrid, Prol Weekend, Castelló) e eventos ao aire libre.

O Home Flipante e Os Replicantes é unha banda galega formado por Iago (baixo e voz), Iván (guitarra) e Sara (bateria). O seu punk rock, con letras psicoradiactivas inspiradas na ciencia ficción, o nihilismo e toda clase de majaradas varias, fai que cada espectáculo sexa forza e enerxía para o público.

Instagram: www.instagram.com/BuenaCalle

Facebook: www.facebook.com/BuenaCalle.es

Twitter: www.twitter.com/BuenaCalleMedia

Web: www.buenacalle.es