Incremento da pensión de viuvez do 52% ata o 60% da base reguladora

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de CC.OO,Sindicatos

Incremento da pensión de viuvez do 52% ata o 60% da base reguladora

A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO edita unha folla informativa sobre o incremento da pensión de viuvez do 52% ata o 60% da base reguladora. Trátase dunha mellora aprobada na Reforma de pensións de 2011, a última reforma negociada no marco do Pacto de Toledo cuxa entrada en vigor levaba suspendida máis de seis anos.

Na devandita folla, que se pode descargar aquí ou na ligazón que acompaña esta nota informativa, explícanse os detalles do incremento e dos requisitos esixidos para obtelo.