O programa de fomento do emprendemento da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende 2017” chega a Lalín o vindeiro martes 23 de xaneiro tras o seu paso por Cangas, Ponteareas, O Porriño, Barro, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo. As persoas interesadas deberán inscribirse a través dos formularios dispoñibles no enlace https://www.depo.gal/depoemprende/formulario
Así, durante o martes 23 de xaneiro, o Viveiro de empresas de Lalín será escenario da xornada de presentación de “DepoEmprende 2017”. Dita presentación comezará ás 10.00h e rematará ás 11.30h. Desta xornada de presentación sairán 15 das persoas que participarán en “DepoEmprende 2017”, programa para persoas desempregadas, con prioridade a distintos colectivos.
“DepoEmprende 2017” (cun orzamento de 393.129 euros) oferta 120 prazas para todas as persoas desempregadas da provincia, dando prioridade ás menores de 30 anos, ás mulleres, aos maiores de 45 anos, persoas con algunha diversidade funcional ou persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. A través deste proxecto impartiranse un total de oito accións formativas en seis localizacións da provincia: dúas en Pontevedra e Vigo e unha en Tui, Vilagarcía de Arousa e Barro. Estes obradoiros formativos teñen por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedoras e emprendedores, achegándolles formación e asesoramento e, por outro lado, loitando contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.
Ademais, as persoas participantes en “DepoEmprende 2017” recibirán formación apta para a consecución do certificado oficial de profesionalidade ADGD0210 “Creación e xestión de microempresas”, do módulo MF1788-3 de “Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas”. As accións terán unha duración de 144 horas durante as cales se impartirán contidos transversais en técnicas, ferramentas e metodoloxías áxiles e innovadoras para o emprendemento como Desgin Thinking e Lean Startup (20 horas), detección de oportunidades vencelladas ao perfil profesional (4 horas), actitude emprendedora e oportunidades de negocio (40 horas), proxecto e viabilidade do negocio ou microempresa (40 horas) e marketing e plan de negocio da microempresa (40 horas).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.