Lanzamento do disco “Resplandor” da banda viguesa Maryland

Publicado por o día 23/01/2018 na sección de Cultura

Lanzamento do disco “Resplandor” da banda viguesa Maryland

A banda viguesa Maryland publicará este venres 26 o seu cuarto disco “Resplandor”. O percorrido da banda foi recoñecido por importantes entidades da industria musical nacional. Foi considerado “Grupo Revelación” para Disco Grande, “Disco do Ano” para 180 graos e “Grupo Revelación” para o Festival Contempopránea. Agora volven co seu primeiro disco desde Subterfuge, no que fusionan expresividade e frescura cos seus emotivos riffs de guitarra. Dez cancións valentes e sinceras nas que fan nosas as súas cicatrices e anímannos a manternos en pé. Falan da continuidade, do paso do tempo e de sentir ese “Resplandor”.

O Venres 26 de Xaneiro á venda en CD/ Vinilo /Dixital, o podeís atopar en tendas físicas ou na Web de Subterfuge.
“Un deseño que correu a cargo de Berto e Nuria (Ao Berto *Éxfico Art Dis e Nuvi & éxfico),tanto a portada como o libreto están feitos a man con acuarelas e garantímosvos que o resultado merece a pena,souberon captar a esencia do que queriamos contar neste disco e estamos moi contentos!..dar publicamente as grazas aos dous”