Dende o 112 Galicia e NoticiasVigo.es pregámosche que extremes as precaucións, sobre todo se non che queda outra que coller o coche. As previsións meteorolóxicas indican que esta noite pode nevar nas cotas máis baixas, mesmo a carón da costa. Así que, antes de iniciar a túa ruta, comproba o estado das estradas a través da web da DXT.
Ademais segue estas indicacións para que a neve non che xogue unha mala pasada:
- Leva cadeas por se acabasen sendo precisas
- Comproba que os niveis de líquido anticonxelante son correctos e que os freos, as luces e os pneumáticos están en bo estado
- Se o teu coche queda atrapado permanece no seu interior
- Se encendes a calefacción, abre de cando en vez as fiestras para evitar intoxicacións
- Se te ves obrigado a abandonar o coche, pon un pano de cor vistosa na antena para facilitar a túa localización
- Ten en conta a posibilidade de que se formen placas de xeo, sobre todo nas zonas sombrías. Circula con precaución e evita as freadas e os cambios de dirección bruscos
- Se o precisas chama ao 112
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.