Tras o anuncio do Concello de Vigo de ceder á Deputación de Pontevedra o edificio que foi construído para ser o Centro de Fotografía, para albergar a sede desta institución, diferentes asociacións de Vigo, cremos necesario realizar unha charla coloquio sobre a situación da fotografía na cidade durante estes últimos 30 anos. O feito de que un equipamento, que segundo declaracións oficiais estaba destinado a alberga-las coleccións fotográficas que xerou a Fotobienal de Vigo e o Arquivo Pacheco, e no que en 2015, coincidindo coa campaña das eleccións municipais, se realizou unha única exposición, nunha sala do edificio durante algúns meses. Dende aquela o edificio permaneceu pechado e sen uso, ata o recente anuncio de cesión para un fin alleo a aquelo para o que foi concibido.
Estas novas deben levar a unha reflexión sobre o pasado, o presente e, sobre todo, o futuro dunha disciplina tan importante para a nosa cidade como é a fotografía e o legado que deixa na nosa cidade. Por iso, o Ateneo Atlántico, xunto á asociación profesional de artistas A Colectiva, e o Colectivo CAIN, convocamos a tódolos colectivos fotográficos e profesionais do medio, aos medios de comunicación, e a cidadanía de Vigo, a unha charla coloquio con Manuel Sendón, presentada pola artista Iria Vázquez, que se celebrará o vindeiro Martes 8 de outubro, ás 20:00h, no auditorio do Instituto Politécnico de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.