Luz verde ao carril bici que descorrerá polo campus para unirse á Illa do Cobo

O proxecto ten un custe de 49.568 euros e un prazo de execución de 3 meses
Publicado por o día 12/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Luz verde ao carril bici que descorrerá polo campus para unirse á Illa do Cobo

A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías deu conta hoxe na Comisión de Ordenación do territorio, Urbanismo e Medio Ambiente do acordo da Xunta de Goberno local que autoriza a construción do carril bici que vai a descorrer polo centro do campus universitario para unirse por detrás de Fisioterapia á Illa do Cobo.

A concelleira de Urbanismo explicou que o carril bici e unha actuación consensuada coa equipa directiva da Universidade porén todos -Concello e Universidade- “entendíamos que non é a solución óptima, gustaríanos darlle aos viais centrais do campus da Xunqueira unha solución máis contundente, darlles un uso peonil, dotalos de plataforma única” para que o espazo universitarios “sexa coherente” co resto da cidade.

“Mentres a solución definitiva non chega por falta de recursos técnicos e económicos, parece lóxico darlle continuidade ao carril das persoas que se desprazan en bici e garantir a súa seguridade” engadiu Anabel Gulías.

O proxecto de carril bici do campus ten un custe de 49.568 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 3 meses.

A estreita relación Concello e Universidade inclúe na súa carteira, entre outras, dúas obras máis. Son acordos que quedarán reflectidos nun documento administrativo que redactará o Concello e que terá valor de acta oficias.

– Skatepark. A Universidade cede o uso dunha parcela na entrada do campus pola rúa Celso Emilio Ferreiro, á esquerda para a construción do skatepark. O Concello ademais do uso asumirá o mantemento da totalidade do terreo e non tan so o da instalación deportiva

– Viario estruturante. A vía que arrodea o campus e lle da uso aos colexios e instalacións deportivas da Xunqueira. Neste caso a propiedade pasa ao Concello e pídeselle á Universidade que cede “uns anaquiños de terreo máis” nos extremos, ao carón do estacionamento de Fisioterapia e de Ciencias da Educación, co fin de garantir que os vehículos podan dar a volta.

Plano campus Carril Bici