Luz verde ás oito primeiras accións formativas do Plan de emprego municipal

A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria dos cursos que teñen que ver coa atención sociosanitaria de dependentes, o traballo de almacén, a infancie e ocio e a viticultura
Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Luz verde ás oito primeiras accións formativas do Plan de emprego municipal

O plan de formación laboral do Concello de Pontevedra está en marcha. A Xunta de Goberno local aprobou hoxe á convocatoria dos oito primeiros cursos deste plan de formación. Son os seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 530 horas de formación (on line e con clases presenciais, 370 horas máis 80 horas de prácticas)
  • Actividades auxiliares de almacén. Dous cursos. 15 alumnos/as por curso. 370 horas (on line e presenciais, 220 máis 150 horas de práctica)
  • Atención á infancia, monitor de ocio e tempo libre. Dous curso. 15 alumnos/as por curso. 360 horas de formación (on line e presenciais, 210 máis 150 horas de prácticas).
  • Viticultura, enoloxía e cata. 360 horas de formación. (presenciais, 210 máis 150 de prácticas).

O Concello remitirá de inmediato á convocatoria ao Servizo público de emprego para que lle remita potenciais candidatos a facer a formación. Son requisitos sine qua non ter máis de 18 anos e dados de alta como demandantes e avaliaranse outros criterios á hora da selección: estar empadroado en Pontevedra, o tempo de desemprego, etc.. Por último haberá unha entrevista persoal.

As persoas que finalmente realicen os cursos – homologados e con titulación habilitante- recibirán unha bolsa durante o tempo de formación de 15 euros ao día, o que suporá 330-350 euros ao mes.

O portavoz do Goberno local, Raimundo González, lembrou que o Plan de formación laboral (Plan de emprego) foi “un dos temas falados” cos grupos de Marea e PSdeG- PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais.

Paralelamente á convocatoria dos primeiros oito cursos de formación avánzase no expediente para o recoñecemento do Pazo da Cultura como centro homologado para a formación no emprego, unha tramitación na que están implicadas outras administracións. Os requisitos son moi esixentes: instalacións para formación teórica, dispoñibilidade de equipamentos para prácticas, espazos para dirección, orientación, etc…e a definición das familias profesionais coas que se pretende traballar.

O interese da Concellería de Promoción Económica e que a formación impartida ao abeiro do Plan de Emprego municipal sexa un camiño, con posibilidades reais, cara ao mundo do traballo. Para axustar a oferta formativa á demanda laboral, o Concello promoverá unha xornada de traballo coas empresas da cidade para coñecer as súas necesidades.

Para inscribirse deben cubrir a seguinte SOLICITUDE
http://www.proxectoiles.eu/…/Fichas…/Solicitude%20Cursos.pdf
e adxuntar a documentación solicitada e presentala en ILES VI – CONCELLO DE PONTEVEDRA na Casa da Luz do Concello de Pontevedra, sito na Praza da Verdura – Pontevedra